A Orixe Do Merdeiro

O merdeiro é un personaxe do entroido vigués de caracter popular que remitiu nos anos 20 do século XX por medio de ordenanzas municipais que sen mentalos atacaban a súa figura.
A figura do Merdeiro interprétase coma unha eterna rivalidade entre mariñeiros e labregos, entre a loita cotiá co mar e a tranquilidade do agro. Os seus diferentes espíritos son incompatibeis e maniféstanse en todas as ocasións por un mútuo desprecio, pois os campesiños teñen o íntimo convencemento de inferioridade emotiva do seu vivir e contraposición da loita heroica dos mariñeiros. Nesta ocasión o criticador era o Merdeiro (Xente da mariña) e o criticado era o Escabichairo (xente da labranza).
Chegado o Entroido, os mariñeiros transformábanse en merdeiros con a intención de expresar, con máis forza, as súas animosidades con os do agro. Para elo acostumaban a vestirse ao xeito do escabicheiro, ridiculizando aqueles elementos do traxe e aparellos de faena máis representativos e esaxerando o seu comportamento ante a sociedade.
De maneira xeral, o merdeiro acostuma a vagar de xeito improvisado polas rúas da Zona Vella en solitario ou en reducidos grupos carentes de organización algunha. Corre, chota e berra asustando á xente con a vara e pronunciando verbas e frases malsonantes.
Neste senso, o merdeiro compórtase e comportarase amolando a toda a xente con a que se atope, chegando inclusive a guindarlle fariña. Neste papel que cumpre no Entroido urbán Vigués, a figura desta personaxe deberá de ser respeitada a todos os niveis.

O merdeiro A Merdeira Vigo

 O merdeiro en Wikipedia

 Formulario para a VI Merdeirada Cativa (2023)

Contacto

Nome
Email
Mensaxe
verifica que non es un robot