Merdeirada Cativa 2019 no Casco Vello

Posted on Posted in Eventos

Un ano máis dende a asociación etnográfica da merdeira queremos compartir a maxia do entroido con todos vós.
Como ven sendo habitual faremos un obradoiro de carautas e despois sairemos todos xuntos con O merdeiro polas prazas e rúas do Casco Vello.
Por mor do espazo dispoñible temos que limitar a 50 os participantes no obradoiro de carautas. (Informaremos os que queden na lista de agarda por correo electrónico).
Animamos a todos os que teñan a carauta na casa doutros anos a que se unan despois na saída polo barrio.
Os nenos terán que vir acompañados por un adulto e con roupa branca.

Cantos máis mellor! O merdeiro soña cunha marea de merdeiriños e escabiche polo barrio!

Xa enchemos o Obradoiro do Casco Vello!

Se non chegáchedes a tempo aínda tedes a oportunidade de anotarvos nos obradoiros que faremos en colaboración co Concello de Vigo nos seguintes centros:

2 thoughts on “Merdeirada Cativa 2019 no Casco Vello

    1. Bo día Silvia,
      Tes o formulario na nósa web:
      omerdeiro.org/2019/02/01/merdeirada-cativa-2019-no-casco-vello/
      Alí podes anotalo, pero as plazas son limitadas.
      Apertas Merdeiras

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *