Sae de Merdeirada infantil polo casco vello co Merdeiro no entroido de Vigo

Posted on Posted in Eventos

Entroido 2018 Casco Vello Vigo – O Domingo 4 Febreiro – 17:00 – Local da AVC Casco Vello  – 3 a 12 anos

Un ano máis O merdeiro Decidiu realizar unha saída cos máis miúdos no entroido.
A actividade é aberta para crianzas entre os 3 e os 12 anos e consistirá no seguinte:
Elaboración dunha máscara de O merdeiro
Saída merdeira polas rúas da zona vella
Chocolatada con tódolos participantes.
A actividade comezará ás 17:00 no local da AVC Casco Vello (R/ Cánovas del Castillo 2 baixo)
Para participar é preciso anotarse no correo da Merdeira: merdeira(arroba)gmail.com
Reserva a túa praza! son limitadas.
@s nen@s terán que traer roupa branca (camisa/pantalón) así como estar acompañadas dun adulto no momento da saída.
Seguindo a senda comezada fai anos de restablecemento da figura tradicional do entroido Vigués, O merdeiro; dende a asociación Etnográfica A Merdeira, propoñemos unha saída á rúa dos máis cativos da casa para este entroido.  Unha boa maneira de coñecer, participar e vivir en primeira persoa o entroido tradicional de Vigo.
 

 

Share on FacebookTweet about this on TwitterShare on Google+Pin on PinterestPrint this page

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *