Merdeiros Entroido 2017

Rematou o entroido de Vigo 2017 para O merdeiro do Casco Vello.

Posted on Posted in Artigos e Noticias, Eventos, Galerías de Imaxes

Rematou o entroido de Vigo para O merdeiro do Casco Vello.

Un ano máis, todo o traballo de todo un ano escorrégase entre as mans en tres días de Entroido:

Venres, Domingo e Martes

O poño así en Título 2 e centrado, por se alguén ten dubidas; que cada ano a xente pregúntanos de cotío.

Este, entre outros, foi o obxectivo de facer esta web, impartir obradoiros para nenos e adultos, organizar as xornadas do entroido (que celebramos na fundación Camoés no casco vello) e tódalas actividades desenroladas este ano dende a nosa asociación, A Merdeira.
Servir de espazo virtual dende o que se difunda e se promocione a figura deste persoeiro, así coma a súa Recuperaçom.

Outra das razóns de faceres este blog, foi de servir de punto de encontro para os Merdeiros, futuros Merdeiros e amantes dos Merdeiros.

Este ano foi un pouco agridoce para moitos de nós: o maior respeto, coñecemento e apoio por parte da xente, viuse empanado (en parte) por un menor apoio, e impulso por parte dos medios de comunicación e as institucións.

A primeira parte, é a mellor obviamente, xa que son as ganas e interese da xente de Vigo a que vai marcar o éxito ou non da Recuperación de O Merdeiro. Principalmente dos futuros merdeiros, xa que súa é a decisión de continuar este camiño que xa leva máis de 10 anos.

A segunda parte foi unha mestura de varios sucesos, que por razóns dispares, acabaron impactando na nosa organización:

  • As charlas informativas que víñanse impartindo nos colexios de Vigo canceláronse, o non contar coa colaboración de normalización lingüística do Concello para realizar as actividades nos colexios. O tema non e menor, xa que foi nas aulas onde acadamos a maior repercusión na sociedade. Sendo @s nen@s os que tiran das nais e pais pra que os leven a Ribeira do Berbés a ver os merdeiros.
    Sorprendeunos os últimos anos como nos colexios apareceron murais, debuxos, e ata grupos caracterizados de Merdeiros xunto a outros persoeiros do Entroido galego nas celebracións do entroido.
  • Os fotógrafos que nos seguiron este ano foron a titulo particular, etnógrafos, profesores, documentalistas do Entroido galego, etc.
  • Nas publicacións oficiais do Entroido de Vigo tan só se nos anuncia o domingo e martes. Omitindo o venres de Entroido, un 33% da nosa actividade no Entroido de Vigo.

Conclusión

Quedámonos co enfoque mais positivo do que foi sen dúbida a suba da cantidade e da calidade da participación d@s máis pequen@s nun Entroido tradicional en Vigo.

O bo humor co que nos acolleron os adultos, ata os que pillamos traballando ou estudando. O rexistro da propiedade da rúa real, os repartidores do barrio, que ata nos convidaron a unhas cervexas despois de marealos ca mercadoría todo o santo dia, os hostaleiros que nos agasallaron con petiscos e bebidas para repoñer forzas, e a complicidade de toda a xente que se nos cruzou…

A ELES tan só lles podemos dicir, GRAZAS.

Con envexa sa, ollámonos na veciñanza doutros lugares cun Entroido tradicional máis instaurado, no que os seus cidadáns o perciben de xeito maioritario coma un ben común, que dota de riqueza cultural e económica.

Coma utopía que colocar no horizonte pra seguir traballando.

 

P.D.- Tamén houbo campamento de O Merdeiro este ano, organizado pola Escola Semente.

Share on FacebookTweet about this on TwitterShare on Google+Pin on PinterestPrint this page

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *