Avante Merdeiros

Sae a rúa co Merdeiro no casco vello no entroido de Vigo

Posted on Posted in Artigos e Noticias, Eventos
O Merdeiro Casco Vello Vigo carouta
Entroido 2017 Casco Vello Vigo – O sábado 18 Febreiro – 17:30 – Local da AVC Casco Vello  – 4 a 12 anos

O merdeiro Decidiu realizar unha saída cos máis miúdos no entroido.

A actividade é aberta para crianzas entre os 4 e os 12 anos e consistirá no seguinte:

Explicación breve sobre a figura do merdeiro

Elaboración dunha máscara de papel

Saída merdeira e chocolatada.

A actividade comezará ás 17:30 no local da AVC Casco Vello (R/Cánovas del Castillo 2 baixo)
Para participar é preciso anotarse no correo da Merdeira: merdeira(arroba)gmail.com
Ou non telefone da AVC Caso Vello (650 428 095)
Reserva a túa praza antes do mércores 15 de febreiro.

@s nen@s terán que traer roupa branca (camisa/pantalón) así como estar acompañadas dun adulto no momento da saída.

Seguindo a senda comezada fai anos de restablecemento da figura tradicional do entroido Vigués, O merdeiro; dende a asociación Etnográfica A Merdeira, propoñemos unha saída á rúa dos máis cativos da casa para este entroido.  Unha boa maneira de coñecer, participar e vivir en primeira persoa o entroido tradicional de Vigo.

Share on FacebookTweet about this on TwitterShare on Google+Pin on PinterestPrint this page

One thought on “Sae a rúa co Merdeiro no casco vello no entroido de Vigo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *